Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2018

Xosé Manuel Eyré sobre Independencia

O VALOR DA POESÍA Título: Independencia Autor: Alfonso Rodríguez Editorial: M Editora Vivimos unha sociedade que avanza irremisibelmente cara á descivilización, que diría Manuel Rivas. O certo é que o que deica agora entendiamos como valores sociais están sendo substituídos por contravalores que se sitúan nos seus antípodas. Así a solidariedade está a ser substiuída pola insolidariedade, non hai máis que ver o que pasou en Italia coa crise dos refuxiados. E aquí, en Hespaña, hai quen demanda unha memoria histórica “que non mire cara atrás”, logo entón deixaría de ser histórica. E neste clima social vive o poeta. Nunha sociedade que reivindica os dereitos históricos de Galiza como nación, mais de xeito insuficiente, nunca se chega a establecer como unha maioría social que domine en San Caetano, mentres estamos a ver o que sucede en territotios irmáns como Catalunya e Euskadi. Así as cousas a independencia mantense para nós coma unha utopía. Mais agora temos que entende