Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2020

Terra Nullius de Alberte Momán

Terra nullius Alberte Momán Noval Prezo: 9,5 € Nesta nova entrega de Alberte Momán fálase da terra de ninguén, un espazo de individualización, de emancipación fronte ao corpiño social e familiar que condiciona os actos da protagonista. Pero, ao mesmo tempo, fálase da terra queimada, de como ese mesmo elemento que a cingue e a constrinxe vai minando a súa capacidade para ser dona da propia existencia. A violencia estrutural é a peza sobre a que se alicerza a trama e que explica a evolución persoal da protagonista. Unha novela breve que expón a violencia das interaccións sociais, resumidas nas relacións entre Engènes e Mortimers que describira Cocteau no seu libro Le Potomak .