Terra nullius
Alberte Momán Noval
Prezo: 9,5 €
Nesta nova entrega de Alberte Momán fálase da terra de ninguén, un
espazo de individualización, de emancipación fronte ao corpiño social e
familiar que condiciona os actos da protagonista. Pero, ao mesmo tempo, fálase
da terra queimada, de como ese mesmo elemento que a cingue e a constrinxe vai
minando a súa capacidade para ser dona da propia existencia. A violencia
estrutural é a peza sobre a que se alicerza a trama e que explica a evolución
persoal da protagonista. Unha novela breve que expón a violencia das
interaccións sociais, resumidas nas relacións entre Engènes e Mortimers que
describira Cocteau no seu libro Le Potomak.
Comentarios
Publicar un comentario